mércores, 28 de xuño de 2017

Visitando un "xacaranda" e a flor de San Xoán


Na última saída cos de 2ºA antes achegámonos a dúas árbores (un deles arbusto) que temos no Parque de Campolongo, un xacarandá e a "Herba de San Xoán" de viveiro.

martes, 27 de xuño de 2017

Preparando as Fichas do Herbario





Herbas da contorna








Follas de distintas plantas e árbores que atopamos nas nosas saídas

As nosas Herbas de San Xoán

Artigo relacionado

Rincón do Proxecto Ríos


Temperatura do río en maio





Aínda que no mes de abril analizouse a temperatura da auga do río,  a primeiros de xuño volveuse a facer con todo o grupo. A temperatura pasou de 16.5 a 18 graos. 
Cando a temperatura aumenta disminue a fixación do osíxeno na auga.

O noso tramo de río para estudar, vixiar e coidar


Ponte da Estación
Ponte Boleira

O noso tramo de río adxudicado : dende a Ponte da Estación ata a Ponte Boleira. En xuño leva pouca auga e o pouco caudao fai que as herbas afloren e non deixe circular ben a auga.

  Ver máis sobre o Proxecto Ríos

venres, 23 de xuño de 2017

Analizando o osíxeno






Preto da Ponte Boleira atopamos un sitio para poder coller un pouco de auga en así analizar o osíxeno. Deunos un 4 mg/l. Un pouco baixo porque a temperatura foi de 16.5 º. E na taboa danos  unha saturación de 37. Onde nos indica que se o río está por debaixo de 40 o río non está en boas condicións.
Debaixo de Ponte Boleira non hai case nunca luz, por iso non se ve vexetación algunha.

mércores, 24 de maio de 2017

Analizando a Turbidez da auga do Río Gafos






Despois de coller a áuga do Río Gafos  analizamos a súa turbidez (transparencia). Esta  indícanos a presenza de subtancias disoltas e en suspensión que presenta o medio. Canto maior sexa esta presenza, menos transparente ou máis turbia será a auga do río, polo tanto menos luz chegará ás partes máis profundas. E sen luz hai menos vida. No noso caso a Turbidez ou Transparencia foi boa porque os catro sectores da ficha víanse ben.    Ver tamén o Ph do Río.  

Analizando o PH do Río Gafos


Enchendo o tubo de ensaio de 10ml
Sacando auga da botella da auga do río






Resultado do análise do PH
Despois de coller a auga do río, o  resultado do PH da auga do río foi de 7. Practicamente un valor neutro (nin aceda nin básica). Con este resultado podemos dicir que a agua neste momento é boa.
Ver tamén a súa Turbidez (transparencia)