martes, 31 de marzo de 2015

Rafiolepis - Manzanillo - Raphiolepis indica

En moitos parques utlizanse arbustos decorativos, normalmente polas súas flores. Este que vemos aquí tamén se atopa en Campolongo. Agora mesmo temos un  na rúa Alcalde Hevia, nos xardíns que inician a curva con Iglesias Vilarelle. 
A Rhaphiolepis (sen. Raphiolepis Lindl.) é un xénero de 15 especies de arbustos perennes ou pequenas árbores pertencentes á familia Rosaceae, nativo das rexións mornas e subtropicais deste e sueste de Asia, dende o sur de Xapón, sur de Corea e sur de China ata Thailandia e Vietnam. .  As especies varían de tamaño, soamente algúns alcanzan 1-1.5 metros de altura, mentres que R. ferruginea pode alcanzar os 10 m. As follas son alternas, coriáceas, simples e de cor verde escuro con 3-9 cm de lonxitude, coas marxes enteiras ou dentados. As flores son brancas ou rosadas con 1-2 cm de diámetro, producíndose en pequenos ou grandes corimbos. Os froitos son como pequenas mazás de 2 cm de diámetro de cor púrpura escura a negro que contén unha soa semente (poriso tamén se lle chama "Manzanillo". Pódense comer unh
a vez cocidos. Tamén se fan marmeladas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario