venres, 26 de maio de 2017

mércores, 24 de maio de 2017

Analizando a Turbidez da auga do Río Gafos






Despois de coller a áuga do Río Gafos  analizamos a súa turbidez (transparencia). Esta  indícanos a presenza de subtancias disoltas e en suspensión que presenta o medio. Canto maior sexa esta presenza, menos transparente ou máis turbia será a auga do río, polo tanto menos luz chegará ás partes máis profundas. E sen luz hai menos vida. No noso caso a Turbidez ou Transparencia foi boa porque os catro sectores da ficha víanse ben.    Ver tamén o Ph do Río.  

Analizando o PH do Río Gafos


Enchendo o tubo de ensaio de 10ml
Sacando auga da botella da auga do río






Resultado do análise do PH
Despois de coller a auga do río, o  resultado do PH da auga do río foi de 7. Practicamente un valor neutro (nin aceda nin básica). Con este resultado podemos dicir que a agua neste momento é boa.
Ver tamén a súa Turbidez (transparencia)

venres, 19 de maio de 2017

O caudal do río Gafos a mediados de maio do 2017 pola zona urbana da cidade de Pontevedra

Profundidade do río 20 cm de media
Ánades

Collendo auga par analizar a calidade
Peixes: escalos pequenos ó lado das "Espigas de auga"




Nudosillas (Plantas invasoras)
Medindo 10 m para logo ver a velocidade da auga

Ver máis fotos

   Caudal (m³) = sección (m²) x velocidade  (m/s). 

  Hoxe, 19 de maio de 2017, tocou ver o caudal do río do noso tramo no Proxecto Ríos, xunto  con algún peixe (escalo)  e algunhas  "Herbas acuáticas", na que máis nos fixamos destas  foi a "Espiga de Auga". Das non acuáticas atopamos  a "Nudosilla", invasora pero non tanto como a "Tradescantia" ou  Amor de home . Faltábanos ver a velocidade da auga para saber o caudal, para iso tiramos un anaco de rolla dunha botella e cronometramos o tempo en percorrer os 10 m, logo dividimos os metros que percorreu entre os segundos que tardou (26") e deunos, 10 m : 26"  =  0,3846 m/s  . O outro dato sacámolo da anterior saída que fixemos,   sección: anchura (m) x profundidade (m),  7m x 0,20 m = 1, 4 m².  Ancho do río (7 metros) x profundidade da auga  0,20 m (de media) pois a zona máis profunda neste tramo foi de 0,35 m.  Antes de chegar a onde medimos atopamos unha zona con 0,60 m de profundidade, pero esa non a usamos como referencia pois non é o normal por esta zona do río. Con todos estos datos chegamos a fórmula final  para calcular o caudal :
 sección x velocidade  ( 1, 4 m² x 0,3846 m/s )  e deunos  0, 53844 m³ /s.
Expresado en litros  seria 53, 844  l   (por segundo).
 Nota: Recordamos que 1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos.  Máis na Etiqueta Proxecto ríos

martes, 16 de maio de 2017

1º Paseo polo río Gafos para coñecelo un pouco (2º A)


Fonte dos pasais
Na zona do Gorgullón. Final do noso tramo


De volva coas plantas

Medindo a profundidade do río
Con ánades polo río

Con un colar de vimbia
Malvas
Con estraloque na man
Despois de coñecer as árbores da Escola e un pouco  as do Parque  de Campolongo (roteiro das Camelias , roteiro dos Magnolios ) , hoxe tocou andar un pouco polo río Gafos para ver o que por alí atopabamos.  Foron moitas cousas, algunhas plantas clasificámolas co nome de "Herbas de San Xoán" (Velas en Ríos Galegos) .  Recollimos unha mostra dalgunhas para facer un pequeno herbario con elas: Malva, Fento Macho, Loureiro, Sabugueiro, Estraloque ..Se cadra igual facemos tamén o coñecido "Cacho". As outras que tamén atopamos,  meterémolas tamén nun Herbario que intentaremos facer: carballo, ameneiro, salgueiro, ruscus, acacias, herba de namorar, celidonia (a que pinta)....    Aproveitamos  tamén para medir o ancho do río dentro da nosa zona de estudo, foron 7 metros,  e a profundidade de auga nese momento, era  38 cm. Cando midamos a velocidade da auga polo río axiña saberemos o caudal do río: cantidade de litros que pasan por segundo por unha zona do río.
Ver máis fotos

luns, 15 de maio de 2017

As sete Herbas de San Xoán






Sete herbas ao resío, deixadas a macerar en auga de sete fontes nun cacho. Son case sempre plantas aromáticas e medicinais cunha distribución e dispoñibilidade non xeneralizada por todos os ecosistemas de Galicia, polo que a elección varía segundo o lugar. Un mínimo de sete, polo que facemos unha escolma das máis comúns " : codesoestalote,  fento machofiunchoherba das feridasmalvaromeu,   (Ver as sete  xuntas) 

 Outras que non tamén se utilizan dependo do lugar : o mexacán, a macela, a hortensia, o allo, o ourego, o loureiro, o velenoso trobisco ou matapulgas, as árbores amieiro, carballo e castiñeiro ou as follas das canas, laranxeiras, figueiras ou noceiras.  Máis na wikipedia