sábado, 30 de maio de 2015

CEP Campolongo - 2º Premio na II Edición do Pontenciencia - 2015






Despois de desfrutar dun día xogando coa ciencia, levamos a agradable sorpresa de recibir o 2º Premio nesta II Edición do Pontenciencia. O nivel foi moi alto porque había investigacións moi interesantes e curiosas, ademais de ser  oito os centros de Pontevedra que se presentarón: Froebel, San Martiño, Xunqueira I, Marcos da Portela, Pontesanpaio, Campañó, San Benito de Lérez e nós, Campolongo. Non foi nada doado pero coido que souberon valorar o número de alumnos que participaron na nosa investigación (75),  o tempo que nos levou e a cantidade de información traballada,  xunto, por suposto, coa presentación tanto dos traballos como a exposición dos mesmos por parte dos rapaces.
Os nosos parabéns ós participantes e as nosas grazas a quenes fixeron posible que esta experiencia fora adiante.

Artigo relacionado: Pontenciencia 2015 (Fotos, traballos, prensa ... )

venres, 29 de maio de 2015

Desenrolo dunha abella obreira nun minuto


Pontenciencia 2015

Ver   fotos do 1º Día (Pontenciencia Escolas)
Ver fotos do 2º día (Pontenciencia familias e entrega de premios)

Rematou  a investigación e as xornadas de Pontenciencia 2015. Este ano no programa houbo curtas , maxia, planetario e robotix entre outras cousas. A nosa escola presentouse con tres investigacións, a de coñecer cales eran as plantas autóctonas e alóctonas, cales eran comestibles e cales eran mediciñais. Maña sábado, a partir da unha darán os diplomas e premios tanto as escolas como as familias.  Non sabemos se ganaremos algo, o que si é certo é que fumos a escola con máis investigadores, 75 en total, todos os de 6º deste curso 2014-15.  (CEP Campolongo 2º Premio )

Noraboa a todos polo traballo !

Se queredes ver as fichas presentadas podedes velas neste blogue na etiqueta Fichas Plantas  .

Resultado da investigación das plantas

Resultado das árbores

Prensa:

256 alumnos de colexios de Pontevedra experimentarán con investigacións científicas

Pontenciencia esperta o espírito investigador e científico de 300 escolares pontevedreses

Por que estoupan as bebidas de cola ao mesturalas con caramelos de menta?

A luz cega os escolares en Galiciencia

A segunda feira da ciencia de Pontevedra volve sorprender

Diario da Universidade: A Ciencia non enende de idades

TVG:

Demostración do Ph coas tiras do tornasol

Varios experimentos: o motor máis sinxelo, como funciona un volcán

martes, 19 de maio de 2015

Avifauna do río "Ghafos" - Xogo Edilim

  Xogar

Ver tamén "Os sons das Fragas"

Ferreiro bacachís - Parus caeruleus

Os ferreiros son un habituais acompañantes dos nosos paseos. Acostuman estar en grupos, aínda que é habitual ver os comúns xuntos cos bacachís, cristados ou os subeliños. Teñen un fermoso e moi variado canto e resultan moi vistosos, sobre todo os bacachís pola sor amarela do peito. A caluga posúe un ton negro azulado e o lombo é verdoso. Destaca esa especie de coroa no curuto da caluga rodeada de plumaxe branca. O seu nome científico é Parus caeruleus e en castelán chámanlle herrerillo.  (Fotos sacadas do Facebook de Vaipolorrío)

Ver vídeo

Silva - Rubus ulmifolius


Ficha e presentación

sábado, 16 de maio de 2015

Muíño do Coto



No Paseo Urbano do río Ghafos. Actualmente propiedade do Concello. Crese que o nome ben por ser o primeiro propietario manco.

xoves, 14 de maio de 2015

Herbas e arbustos do CEP CAMPOLONGO


  1. - Abelia   - Marcelo (6ºA)  (P )       
  2. Abutilón - Manuel A. 6ºB 
  3. - Albaca silvestre -  Galisoga Parviflora - Lucía Á., Julia, Andrea (6ºA) (F)
  4. - Aleluia (oxalis acetosella)  - Claudia (6ºA)  (Castel)
  5. - Amor de home - Tradescantia fluminensis - Sara B. (6ºB) (P/F)
  6. - Anemone nemorosa - Flor do vento - Adriana, Raquel, Natalia e Inés (6ºA) (P/F)             
  7. Aucuba ou Falso Loureiro -  (Cesar 6ºC)
  8. Azalea - Diego F. (6ºB)  (P e F)
  9. - Belorita  / Vellorita / Margarida dos prados - (Bellis perennis)  - Lucía (6ºC)
  10. -Fariñento  - Chenoipodium Album - Bruno (6ºC)
  11. - Bledo - Amaranthus retroflexus - Pablo Hevia (6ºB) (F)
  12. - Brión   - Sphagnum russowii - David (6ºC)             
  13. - Buxo - Cayetano (6ºC) (P)
  14. - Campanillas (Campánula lusitánica) - Silvia B. e María G. de 6ºB. (F)
  15. - Campanilla (Ipomoea violacea)  - Alex (6ºA) (P/F)
  16. - Celidonia    - Jorge (6C) (F)
  17. - Chantaxe maior /Correola /Lingua de vaca (Plantago major)- Esteban (6ºC) (P)
  18. - Chantaxe menor / Lingua de ovella (Plantago lanceolata) - Iago (6ºC) (F)
  19. - Cimbalaria -  Pombiña dos muros -Cimbalaria muralis - Amanda (6ºC)
  20. - Clavelina - Belén (6ºC) (F)
  21. - Couselo - Embigo de Venus - Umbilicus rupestris - Anxo (6ºB) (F)
  22. - Dama Espida - Amarillis belladona- Lara P  (6ºB)
  23. Dente de león /Mexacán (Taraxacum officinale) - Pablo G. (6ºB) (P/F)
  24. - Escrofularia -Herba de San Pedro - Scrophularia nodosa  -Mario, Alberto (6ºB) (F)
  25. - Estraloque (Digitalis purpurea) - Alex (6ºA) (P/F)
  26. - Estruga - Urtica dioica - Jaime (6ºB)
  27. - Estruga morta - Lamium maculatum - Sofía,  Mar / Alba (6ºA) (F)
  28. - Evónimo - Jhosua  / Belén e Carolina  (6ºC)  (F - Sara)
  29. - Falsa Aralia ou Cheflera  (Ariadna - 6ºA) (P/F)
  30. - Fiuncho - Paula (6ºC) (F)
  31. - Fumaria  - Laura / Álvaro (6ºA) (P)  (F)
  32. Hedra - Sabela Valdés (6ºC) e Marta B. (6ºB) (P/F)
  33. - Herba acedeira  - Acedeira - (Rumex acetosa) -  Lara González (6ºB) (despois do verónica ...)
  34. -  Herba Carmín - Laura (6ºA) (P/F) 
  35. Herba Carniceira  - Conyza Canadensis - Daniel  (6ºA) - (F)
  36. Herba de  San Roberto - Herba da esquinancia / Herba da agulla /  (Geranium robertianum) -Alex Fandiño (6ºB)
  37. - Herba de Santiago (Senecio Jacobea) - Isaac (6ºB)
  38. - Herba madroa, Herba da Nosa Señora  (Tanacetum parthenium) - Silvia (6ºB)  (F)
  39. - Herba moura - Solanum Nigrum - Herba de Santa Mariña- Quique (6ºB) (P e F)
  40. - Hibiscus  (Adrina, Raquel, Natalia e Inés 6ªA) (Sara B.  6ºB), (Belén - 6ºC) (P/F)
  41. - Hortensias - Belén e Carolina (6ºC)
  42. - Labaza  - Rumex crispus  - Ariadna  (6ºA) (P/F)
  43. - Labaza  - Rumex pulcher - Ariadna  (6ºA)  (P/F)
  44. Lantana - Bandeira de España  (Laura e Álvaro - 6ºA)  (P) (F)
  45. - Leitarega - Sonchus oleraceus - Cerraja - Álvaro (6ºC)
  46. - Lingua de boi (Pentaglottis sempervirens) - Mar (6ºA) (P e F)
  47. - Lirios- Lucía C. (6ºB) (F)
  48. - Loureiros - Mar, Sofía e Alba (6ºA) (P/F)
  49. - Malva - Malva sylvestris - Marcelo (6ºA)  
  50. - Margarida cimarrona - Erigeron karvinskianus - Pablo Dios (6ºB)
  51. - Mentraste - Mentha suaveolens - Alejandro  Pertusa (6ºA)  (P)
  52.  Mirta/o - Luís (6ºC) (P)
  53. - Muruxa (Pamplina) -Stellaria media - Herba paxareira-  Pedro (6ºB)
  54. - Pampullo - Andrés (6ºA)  (Xuntos)
  55. - Parietaria - Parietaria officinalis - Angel (6ºC)
  56. - Piricanta - Alejandro (6ºC)
  57. - Rosa (Roseira) - Eva (6ºC)
  58. - Sabugueiro - Carmen (6ºB) (P)
  59. -  Silva (Silveira) - Marc (6ºB)
  60. - Trevo - Carlos M. (6ºA) -  (P/F)
  61. Tuia - Daniel (6ºB) (P e F)
  62. - Verónica pérsica - Pepe (6ºB) (P)
  63. Xaro Italicum - Martín (6ºC)
  64. - Xazmín - Eva Mejuto (6ºC) - (F)
  65. - Xeranio dos camiños - Alba (6ºA) (P/F)
  66. - Xenebreiro - Sergio Méndez (6ºA) (P e F)
  67. - Xibarda  / Xibardeira / Rascacú / Mesquita (Ruscus aculeatus) - Diego T. (6ºC)
-      ............

Artigos relacionados:

VER AS FOTOS DAS ÁRBORES (incompleto)

 VER TODOS  OS NOMES DAS ÁRBORES DO COLE


Cimbalaria - Herba do campanario / Linaria ou Cymbalaria

Clica na imaxe da dereita para ver o traballo de Amanda (6º) durante o curso 2014-15

Herba de Santiago - Senecio jacobea


Cotoneaster - Cotoneaster dammeri


mércores, 13 de maio de 2015

Fichas feitas Árbores e plantas CEP Campolongo


Inclluir:

Abeto e Lantana (Laura e Álvaro de 6ºA)
Acedeira - Lara (6B)
Labaza - Rumex Pulcher - (Ariadna - 6A)
Catalpa, Loendro e Loureiro - Mar, Alba ... 6A
Anemona nemorosa - Raquel ...  6A
Herba carniceira - Daniel - 6A
Lingua de Boi - Mar, Alba, Sofía 6A
Escrofularia - Mario e Alberto - 6B
Cerdeira Xaponesa - Julia, Andrea e Lucía - 6A
Alciprés - Andrea, Lucía e Julia - 6ºA
Dente de león - Pablo G. - 6A
Cotoneaster - Santi - 6ºB
Herba de Santiago - Isaac -6ºB
Cimbalaria - Amanda - 6ºB
Cedro - Julia 6ºA
Alfábega - Julia 6ºA

Datos recollidos das plantas do CEP Campolongo para Pontenciencia


Total plantas investigadas: 52

Autóctonas: 33  = 63,46 %
Consíderamos autóctonas aquelas que teñen a súa orixe xeral en Europa.

Alóctonas: 19  = 36, 54 %

Comestibles: 27 = 51, 92 %

Non comestibles: 48, 08 %

Mediciñais: 48 = 92,30 %


Datos recollidos para Pontenciencia das árbores do CEP Campolongo


Total árbores investigados:  28

Autóctonos: 12 = 42, 75 %

Alóctonas: 16 = 57, 25 %

Coméstibles: 16 = 57,25 %

Mediciñais:  24 = 85,70 %

Plano enteiro en 4 imaxes do río "Ghafos"


Plano do CEP Campolongo coas principais árbores e plantas - 2015



mércores, 6 de maio de 2015

Ligazón de traballos feitos das árbores e arbustos do CEP Campolongo para Pontenciencia


  1. Cedrus deodaraCEDRO  Julia  (6ºA)
  2. Cerdeira xaponesa - Prunus cerasifera - Lucía , Adrea, Julia (6A)
  3. Cotoneaster - Andrea (6ºA)
  4. Chamaecyparis pisifera- “Plumosa” – Alcipreste de Sawara (ciprés dos chícharos) (xa non está)
  5. Cupresus lusitánicaAlcipreste de Portugal
  6. Evónimo - Sara G. (5ºB)
  7. Picea abies – Abeto - Laura e Álvaro (6ºA) e Manuel A. (6ºB) (P) 
  8. Pseudotsuga menziesii - Piñeiro de Oregón - María G. Lucía C (6B) (P) (F)
  9. Thuja plicata - “Zebrina”(exterior) - Tuia de olor, para sebes, os índios facían as canoas e os totems.
  10. Abelia x grandiflora Abelia  - Marcelo (6ºA)
  11. Acer pseudoplatanus – Pradairo – (falso plátano, sicómoro)
  12. Betula pubescens – Bidueiro, bido, bídalo
  13. Camellia   - Camelia  - Luís, Belén e Carolina (6ºC)
  14. Corylus avellana – Abeleira, abelaneira, abelaira.
  15. Fraxinus excelsior – Freixo - Iago (6ºC)
  16. Hibiscus syriacus- Hibisco - Sara B. (6ºB)
  17. Lantana camara - Lantana - Laura e Álvaro (6ºA)
  18. Liquidambar styraciflua – Liquidambar -Alex M. (6ºA)
  19. Leptospermo -  Javier P (6ºC)  e  
  20. Loureiros - Marta B. (6ºB)
  21. Magnolia x soulangianaMagnolia chinesa, magn. De folla caduca  - P. Galego (6ºB)
  22. Malus domestica - Maceira 
  23. Nerium oleander Loendroadelfa - Sabela V (6ºC)
  24. Pittosporum tobira - Pitósporo de china (azar de china)
  25.  Prunus cerasifera – Cerdeira xaponesa, abruñeiro de xardín, mirabolano, falsa cerdeira. Alejandro M. E. (6ºC)
  26.  Schefflera arborícola – Falsa Aralia, cheflera  - Ariadna - (6ºA) -  (P/F)
  27. Trachycarpus fortunei  Falso palmito - Carlos M. (6ºA) (F)
  28. Juniperus commnis - Xenebreira irlandesa -  Sergio (6ºA) (P/F)
  29. Populus negra - Chopo - Paula G. (6ºC)

luns, 4 de maio de 2015

As árbores dun ecosistema están conectadas

Neste modelo de vida real de resiliencia do bosque e rexeneración  a Profesora Suzanne Simard mostra que todas as árbores nun ecosistema forestal son conectados, coas maiores, coas máis antigas, "árbores-nais" servindo como "hubs". O intercambio de metro de nutrientes aumenta a supervivencia das árbores novas con conexións á rede de árbores de idade. Sorprendentemente, descubrimos que nun bosque, 1 + 1 é igual a máis que 2.

Dr Suzanne Simard é unha profesora co UBC Facultade de Enxeñaría Forestal, onde imparte clases e investigación sobre o papel das redes de micorriza e micorrizas en árbores de especies migracións con perturbación cambio climático. Redes de micélio fungos micorrizas foron recentemente descubertos pola profesora Suzanne Simard e os seus alumnos de posgrao para conectar as raíces das árbores e facilitar a posta en común de recursos en bosques Douglas-abeto de interior British Columbia, reforzando así a súa capacidade de resistencia contra a perturbación ou tensión e facilitar a creación de novo rexeneración.

Xaro, Herba das anadas, Tubo de neve - Arum maculatum